MÚSICOS

Álvaro Iglesias iniciou os seus estudios musicais no ano 1995 no Conservatorio Mayeusis de Vigo, na especialidade de Cotrabaixo. Entre os seus mestres figuran o Lituano Iminas Kucinscas , Cris Gándara , Camilo Freire e Carlos Méndez (mestre na Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia, e membro da Real Filarmonía de Galicia). Formou parte de varias agrupacións musicais, sempre no ámbito da música folk, entre os que destacan Tres (1994-1996. Era un grupo de folk-rock formado por antigos compoñentes de Matto Congrio, o gaiteiro Carlos Núñez (1997-1998. Con él colaborou en varios concertos nacionais e internacionais durante a presentación do seu primeiro CD "A irmandade das estrelas", e tamén Pancho Álvarez (1998), con quen xa realizou varios traballos discográficos. Na actualidade compaxina o formar parte da banda Faltriqueira (2004) e de ARAN (2001) -agrupacións cunha importante proxeción no panorama folk nacional- con traballos de freelance en estudio ou directo.

 

Harry Price naceu en Croydon, un pobo cercano a Londres, en 1972. Desde 1980 a 1990 estudiou violín clásico podendo tamén exercer como primeiro violín en varias orquestas e cuartetos. Acabou seus estudios con distinción de grado 8. Dende 1993 a 1999 viaxou por Francia, especialmente pola Bretaña onde tocou en varias agrupacións, especialmente " Mudzik ", coa que interpretaba música de Irlanda, Escocia, Rusia, Búlgara, Bretona, Xudía, etc. En 1999 viaxou a España cun circo xitano chamado " La Petite Cirque Wedyn " , para establecerse finalmente en Galicia (2000) onde formou a banda " Uz " con outros 4 músicos. Con esta banda tocou en festivais como o de Moeche, Vimianzo, Tapia de Casariego, Festival Celta de Oviedo... e en moitas localidades da xeografía Galega. Tamén é un membro da banda " Beladona " coa que tocou en numerosos festivais como o Festival Interceltique de Lorient (Francia), Festival Mundial de la Juventud (Panamá), Festival Intercelticu de Avilés,...En 2001 formou o trío " MacFéck ", co que grabou un album titulado "Dogs & Cats" e outro titulado "Save the Dragon". En 2002 entrou a formar parte de " ARAN ".

 

Antón Davila naceu en Beluso, unha pequena parroquia do Concello de Bueu (Pontevedra) en 1974. Ós 7 anos iniciouse na aprendizaxe da gaita na banda Novos Ventos , coa cal percorreu boa parte da xeografía Galega e Española, así como unha xira no ano 1985 por Alemania. No 1990 deixou a banda de gaitas, escomenzou estudios de piano e asistiu a cursiños impartidos por prestixiosos gaiteiros. A partires de 1992 e ata 1996, formou parte de grupos como Ultreia (cuarteto tradicional) ou Amairxen (quinteto folk). No 1997 marchou para Dublín, xa que estaba moi interesado pola gaita Irlandesa. Tomou as súas primeiras clases en Na Píobairí Uilleann . Recibiu tamén algunhas leccións de gaiteiros como Neillidh Mulligan , Mick O'Briain e Flaithrí Neff . Escomezou a tocar en pubs con diversos músicos como Mick McNamara, Tommy Martin, Eamon de Barra, ... e tamén coa banda Shinook no Vicking Centre e no Temple Bar Music Centre . En Marzo do 1998, baixo a dirección de Les Comediants , participou no multitudinario espectáculo musical do día de San Patricio en Dublín. En Agosto de 1998 tocou en Lorient (Francia) coa Orquestra Sinfónica da Bretaña unha composición do escocés Eddie McGuire , titulada L'Epopée Celtique . En Setembro do 1998 voltou a Dublín para iniciar unha xira por Suecia, Dinamarca e Holanda coa banda irlandesa The Big Jigs . En Xaneiro do 1999 participou no Celtic Connections , en Glasgow. No Royal Concert Hall interpretou por segunda vez a composición L'Epopée Celtique xunto con máis de 160 músicos: Orquestra Sinfónica de Escocia , a banda de gaitas escocesas T he Scottish Power Pipe Band , a Bagad Kemper da Bretaña , o coro de 60 homes The Flint Male Choir de Gales , os Whistlebinkies de Escocia, E mma Christian da Illa de Man, Flaitrhí Neff de Cork... En Marzo do 1999 visitou novamente Irlanda, podendo dar unha mostra de música Galega na Universidade de Cork . En Novembro do 2000 participou no Tumbus Festival , en Cerdeña, xunto con gaiteiros de Escocia, Irlanda, Eslovaquia e Italia. En Abril do 2001 e 2003 participou no festival Shennaghy's Jiu , na Illa de Man (U.K.). Na actualidade imparte cursiños de gaita ós emigrantes galegos en Europa e América, e forma parte das bandas ARAN , Beladona e Celtas Cortos . Tamén traballa como compositor de bandas sonoras para documentais. Participou na grabación e composición da banda sonora dos documentais As Terras de Merlín (TVG), Muiños Tradicionais en Galicia e Amelia de Terra de Montes . Grabou nos seguintes CD's: Novos Ventos (Galicia-1984), The Big Jigs (Irlanda-1998), Tumbus (Cerdeña-2000), Irtio (Galicia-2002), Punto Omega (Arxentina-2003), MacFéck (Galicia-2003), ARAN (Galicia-2004), Los Suaves (Madrid-2004), El Sueño de Morfeo (Madrid, 2004), Celtas Cortos (Valladolid-2004).

 

Xosé Liz comeza a sua andaina musical ós 18 anos tocando a flauta traveseira e a Requinta, ademais da gaita galega cos mestres Enrique Otero , Nazario González "Moxenas" e Antón Corral . É multi-instrumentista en toca a Requinta Galega, Flauta Traveseira, Flauta Irlandesa, Tin e Low Whistle, Gaita Galega, Bouzouki e Guitarra Acústica. Dende o ano 2003 é mestre de Requinta Galega no Conservatorio Tradicional da "Escola de Artes e Oficios de Vigo". Fundóu os grupos Salterium, Beladona e ARAN . Actualmente participa e colabora cós grupos: Beladona , Alfolíes , Ardentía , Pancho Álvarez Grupo, Faltriqueira e ARAN , ademais de ter tocado con musicos coma UXIA SENLLE (coas presentacions do album "Danza das Areas") ou RODRIGO ROMANÍ (co espectáculo audiovisual adicado a Avilés de Taramancos). Participóu na grabación de máis de 20 álbumes, onde destacan os siguientes títulos: " Santiago Mar de Pedra " ( Suso Vahamonde 1997), " Tolemia " ( Cristina Pato 1999), " Bicos de Sol " (Beladona 1999), " Susana Seivane " (Susana Seivane 1999), " Danza das Areas " (Uxía 2000), " Spíritu 986 " (Spíritu 986 2001), " Sueñas con la Luna " (Blanco 2001), Brañas Folk (2004) e Galéire (ARAN 2004). Entre os séus últimos proxectos, destacan: gravación da Banda Sonora Orixinal do filme " O Lapis do Carpinteiro " dirixida por Antón Reixa e con Antón Seoane na composición musical. Gravación da Banda Sonora Orixinal do filme " Días de Voda " de Juan Pinzás.

 

Suso Alonso cursa estudios musicales no Conservatorio de Vigo. Pertence á Banda Escola de Beade desde 1987, tocando todo tipo de percusión. En 1989 participa nunha coa Xove Orquesta de Galicia , dirixida por Ricardo Richy por toda América tocando en teatros como o Colón en Buenos Aires ou o Teresa Carreño en Caracas. En 1993 realiza varios concertos coa Orquesta Clásica de Vigo baixo a batuta de Fernando Palacios . Mantén colaboracións con dicha orquesta ata 1998. Forma parte tamén da plantilla da Banda Orquestra da comunidade de municipios de Vigo . Toca como reforzo en Bandas de la provincia de Pontevedra, como as agrupacións de Valladares, Guláns, Rubiós, etc.Dende 1972 é alumno do desaparecido gaiteiro Moxenas , tocando en varios grupos de gaitas. Dende 1992 é componente do grupo de música popular A Roda de Vigo, onde toca percusión, gaitas, flautas e canta. Entre 1994 y 1996, realiza cursos de perfeccionamiento de requinta na la Escuela de Artes de Vigo con Antón Corral, cursos de batería con Salvador Niebla e curso de pedagoxía musical con Fernando Palacios . Imparte clases de batería y gaita dende 1997. Membro do grupo de música folk Valigai entre 1996 y 1997 con Carlos Corral e membro do grupo folk Arabot entre 1999 y 2001 con Hipólito Cabezas. Realiza colaboracións coa cantante Carmen Dolores . É profesor de percusión da Banda Escola de Beade dende 1995 e deu clases en La Agrupación Banda de Vincios ou a Banda de San Miguel. Toca percusión en ARAN dende 2001.